Onde o talento se converte en emoción

ALTAS CAPACIDADES. SENSIBILIDADE E VISIBILIDADE

ASAC

A Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC Galicia) é unha asociación sen ánimo de lucro creada para visibilizar e orientar a nenas e nenos, familias e a profesionais.

Recoñecer non é etiquetar, é respectar o seu dereito a comprenderse.

coidamos da familia

Quen somos?

A Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC Galicia) foi creada en 1995 en Santiago de Compostela como unha entidade sen ánimo de lucro, formada principalmente por nais e pais de nenos con altas capacidades. Actualmente, conta con máis de 300 familias e mantén convenios con institucións como a USC, a Uvigo e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

A asociación está asesorada por profesionais de prestixio no campo das altas capacidades, a través dun acordo con Latento, spin-off da USC, e colabora estreitamente coa Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da USC.

Que son as AACC?

Dende ASAC Galicia considérase alumnado con alta capacidade intelectual ao alumnado precoz no eido cognitivo, ao alumnado talentoso nun (talento simple) ou varios eidos cognitivos (talento múltiple, talento complexo ou talento conglomerado) e ao alumnado superdotado.

Para acadar unha adecuada identificación deste alumnado é necesario a administración de probas de avaliación actualizadas nos eidos cognitivo e creativo. Tamén resulta clave incluír nos procesos de avaliación probas complementarias para ter en conta as necesidades concretas de cada alumno/a con altas capacidades intelectuais con respecto ao seu desenvolvemento emocional, social, executivo, motivacional e para determinar a presenza ou non doutras necesidades específicas de apoio educativo ou sobre excitabilidades e polo que se trate dun caso de dobre excepcionalidade.

Como é a indentificación das AACC ante a administración?

O Departamento de Orientación do centro educativo é o encargado de elaborar o informe psicopedagóxico que recoñece as altas capacidades intelectuais (ACI) perante a administración. Pode contar co apoio do Equipo de Orientación Específico provincial. A familia pode achegar informes externos, que serán valorados. O alumnado con ACI ten necesidades específicas de apoio educativo. Segundo o Decreto 229/2011, as familias teñen dereito a ser informadas e recibir copia do informe.

Aínda que non hai prazos oficiais, desde ASAC Galicia recoméndase entregar o informe antes de 3 meses desde que se solicita a intervención do Departamento de Orientación.

Quero ser parte de ASAC

Durante los meses de xaneiro, xulio e setembro realizamos reunións de entrada de novos socios, nas que explicamos detalladamente o proceso de afiliación e proporcionamos información relevante sobre as actividades da nosa asociación. Estas reunións teñen como único fin o rexistro dos datos e son anunciadas con antelación nesta páxina web e nas nosas redes sociais.

Para formar parte da asociación, é requisito presentar un informe acreditativo das altas capacidades intelectuais do/a neno/a. Este informe é fundamental para garantir que se cumpran os criterios de admisión e ofrecer o mellor apoio posible ás familias.

Se desexas máis información que non atopas na web ponte en contacto con info@altascapacidadesgalicia.org.

Estamos aquí para acompañarte no camiño!

Recursos no Estudo

En ASAC Galicia axudamos aos profesionais educativos a identificar e atender o alumnado con altas capacidades. Ofrecemos formación especializada para que os docentes poidan adaptar as súas metodoloxías e estratexias na aula.

Ademais, proporcionamos recursos e orientación para mellorar a resposta educativa a estes estudantes. Se formas parte da nosa asociación, poderás accedera asesoramento personalizado e materiais específicos. Ofrecémosche a oportunidade de actualizarche coas últimas investigacións sobre altas capacidades.Tamén fomentamos o intercambio de experiencias entre docentes e especialistas.

As nosas formacións axudarante a detectar o talento e desenvolver o seu potencial na aula. Proporcionámosche ferramentas prácticas para a diferenciación curriculare o enriquecemento educativo. Os centros educativos que colaboran connosco poden acceder a programas de sensibilización e apoio institucional.

En ASAC Galicia traballamos para lograr unha educación máis equitativa e adaptada á diversidade do alumnado.

Os nosos colaboradores

logo-asac